Tráfico inicia hoxe unha campaña intensiva de vixilancia e control de camións e furgonetas

A Delegación do Goberno en Galicia informa que a Dirección Xeral de Tráfico poñerá en marcha dende mañá luns e durante toda a semana, ata o próximo domingo día 15 incluído, unha campaña intensiva de vixilancia e control de camións e furgonetas.
Está enmarcada na programación anual de campañas e operacións especiais que a DXT leva a cabo co obxectivo prioritario de mellorar a seguridade vial, e concienciar aos usuarios das vías da importancia de comportamentos máis seguros.

Durante sete días, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil levarán a cabo inspeccións nos vehículos dedicados ao transporte de mercadorías, unha frota que supera as 244.000 unidades en Galicia.
Farán especial incidencia en verificar aspectos como as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo, o seu peso, o acondicionamento da carga, o estado dos neumáticos, ou o axeitado funcionamento da iluminación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com