O subdelegado do Goberno reuniuse con representantes da Administración Xeral do Estado na provincia

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidiu esta mañá unha reunión con responsables da Unidade de Estradas do Estado, o Servizo Provincial de Costas, a Capitanía Marítima, o Servizo de Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Telecomunicacións, a Unidade Provincial de Agricultura, o Cetal e o Grupo Tragsa. Os asistentes fixeron un repaso das actuacións desenvolvidas polas unidades que representan ao longo do ano 2016, ademais de adiantar os plans e proxectos de investimentos que prevén desenvolver na presente anualidade.

A xuntanza enmárcase na chamada Comisión de asistencia ao subdelegado, un órgano de asesoramento que tén como obxectivo principal dar conta da situación dos diferentes servizos e favorecer unha maior cohesión e coordinación nas súas actuacións. Coa reunión de hoxe –a terceira que se celebra este mes- Ramón Carballo remata esta rolda de reunións con todos os directores provinciais e xefes de unidades da Administración Xeral do Estado na provincia.

Como fin primordial desta iniciativa está sempre, segundo lembrou o subdelegado, “a coordinación entre os distintos organismos do Estado na provincia e ofrecer o mellor servizo público de calidade á cidadanía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com