A esquerda rexeita no Pleno os Orzamentos do Estado porque “ningunean a Lugo”

A esquerda municipal do Concello de Lugo rexeitou onte, por iniciativa do PSdeG os Orzamentos Xeráis do Estado para Lugo, porque “ningunean á cidade”. O PP foi o univo partido que vetou esta decisión.

Grazas á proposición presentada polos socialistas e defendida polo voceiro municipal, Miguel Fernández, a Corporación, cos votos a favor de PSdeG, Lugonovo, BNG e ACE, a abstención de Ciudadanos e a negativa do PP, esixe ao Goberno de Rajoy que orzamente e contemple no proxecto de Lei das contas estatais deste 2017 as seguintes actuacións, dado que para ningunha delas aparece un só euro consignado no proxecto actual: a Estación Intermodal, a Rotonda da Nacional VI, a Comisaría, o desdobramento e iluminación da Ronda Norte, o desdobramento da N-VI dende a Tolda de Castela a Garabolos, o enlace da Ponte Blanca coa Volta da Viña, a pasarela peonil do Anxo Carro, a iluminación da N-540 dende a Ponte Nova ata As Arierias, e a Ronda Sur, que unirá a N-VI na Tolda, coa glorieta da estrada da Fonsagrada.

O voceiro do Goberno local subliñou que os orzamentos presentados polo PP en Madrid son “desilusionantes, discriminatorios e inxustos para Lugo”, polo que “como representantes dos lucenses “temos a obriga de protestar e esixir os investimentos que necesita a nosa cidade”. “Non é unha cuestión de partidos ou opcións políticas, senón que é unha cuestión de cidade, de defensa dos intereses dos nosos veciños e veciñas”, indicou.

Novas relacionadas

Os comentarios están pechados


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com