www.ugtgalicia.orgHoxe en Lugo están convocados dúas manifestacións para conmemorar o día da clase traballadora, a da CIG e a de CC.OO e UGT.
A CIG aproveitará a celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, para continuar coa súa campaña a prol da “recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise e para reclamar a derrogación das sucesivas reformas antiobreiras”. A central conmemorará esta data coa convocatoria dunha manifestación que sairá ás 12.00 da Casa Sindical na Rolda da Muralla, baixo o lema “Recuperar os nosos dereitos, derrotar as reformas”.
Pola súa banda, CC.OO e UGT sairán á rúa, en Lugo media hora máis tarde que a CIG, é dicir ás 12.30, este primeiro de maio para esixir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social. Os dous sindicatos afirman que “é a hora de que a mellora da situación económica chegue á clase traballadora deste país”
O sindicato nacional de CC.OO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para o primeiro de maio. As organizacións sindicais afirman que “é hora de que a mellora da situación económica chegue á clase traballadora. por esta razón, e so o lema «non hai escusas», nas manifestacións que se convocarán en todo o país esixirase emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social”.