O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou hoxe na XXVI edición da Festa da Filloa de Muimenta. O Executivo Provincial colabora cunha achega económica de 3.000 euros con esta cita gastronómica que organiza a comisión MOEXMU, composta por empresarios de Muimenta.
Esta festa, declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2008, reuniu a máis de 50 filloeiras, podendo degustarse máis de 17.000 filloas, que se serviron a 3 euros a ración, ademais de churrasco, pan e bebidas.