Lugo recibe a máis de 1.400 persoas durante a Ponte de Maio

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo un balance positivo da ponte do primeiro de maio, no que a Oficina Municipal de Turismo e os museos municipais atenderon, en 4 días, a 1.462 persoas. Ante estes datos, a edil asegurou que se trataba dunha “magnífica ponte, na que os viaxeiros viron en Lugo unha escapada cultural, gastrómica e familiar, sen renunciar á natureza e á historia”.

Dende o pasado venres e ata onte luns, o centro de atención aos turistas da Praza do Campo recibiu unha media de 182 persoas cada día, sendo o venres o día de maior actividade, 242. De novo nesta ponte predominaron os viaxieros nacionais, 583 na Oficina de Turismo, con 81 persoas en total procedentes de Europa e 25 americanos, entre outros. Dentro da comunidade galega, destaca a visita dos viaxeiros procedentes de A Coruña.

No que se refire á rede museística municipal, a Domus do Mitreo foi o espazo que máis interese espertou nos viaxeiros, con 358 visitas, seguido da Casa dos Mosaicos. Nesta ponte, o Concello tamén ofreceu visitas guiadas, tanto polo Vello Cárcere como pola zona rural de Lugo. Carmen Basadre remarcou a participación, cun total de 70 persoas, así como a acollida que tiveron actividades como as enmarcadas dentro do Lvcvs Cvltvral ou o inicio do Lugomáxico 2017.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com