Antonio Villamarín Rielo, novo xefe provincial da Policía Nacional

O Comisario, Antonio Villamarín Rielo tomou posesión esta mañá do seu novo cargo como xefe provincial da Policía Nacional. No acto estivo acompañado de moitos dos seus compañeiros, do xefe superior de Policía en Galicia, Manuel Vázquez; o anterior comisario xefe provincial, Manuel Teijeiro o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Miguel Ángel González; o xefe da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia, Javier Amigo; o subdelegado de Defensa, Carlos Boado; e representantes do eido político e xudicial de Lugo.

Tamen o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, estivo presente e eloxiou a ampla traxectoria profesional do comisario Antonio Villamarín. Na súa intervención, Ramón Carballo amosou o convencemento de que a toma de posesión de Antonio Villamarín será o comezo dunha etapa “de novos éxitos policiais” na provincia.

A elo contribuirá, dixo, a “meritoria traxectoria profesional” do novo comisario provincial, ademais do seu “bo coñecemento desta provincia na que vai desempeñar a súa labor”.  Ademais, engadiu, conta coa baza de que ao seu cargo terá un “equipo exemplar de máis de 300 homes e  mulleres, que comparten esa magnífica vocación de protexer aos cidadáns e garantir a orde e a convivencia pacífica”.

O subdelegado aproveitou para recoñecer o traballo “constante e sempre discreto”  do novo xefe provincial, como tamén o feito de que, nos dous anos que leva destinado en Lugo –primeiro como comisario xefe de Operacións e logo como comisario xefe provincial en funcións, “soubo forxar unha relación cercana e respetuosa con todos, tanto dentro como fóra do Corpo da Policía Nacional”.

Pola súa banda, Antonio Villamarín dixo chegar ao día de hoxe coa seguridade de pór todo o seu esforzo e empeño para lograr que os cidadáns lucenses gañen en calidade de vida e en materia de seguridade. E farao, asegurou, apoiandose no equipo de grandes profesionais cos que conta na Comisaría.

Asemade, e fóra de discurso o Comisario quixo destacar a falta de efectivos dos que se dispón no Corpo Nacional de Policía e, que se acusa especialmente na provincia onde os equipos son moi pequenos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com