O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que o goberno local torpedee o funcionamiento da segunda reunión da Comisión do Garañón que se convocou para este venres e critican a forma “pouco seria e rigorosa” coa que aborda o equipo de goberno unha das cuestiones urbanísticas de Lugo “máis polémicas nas últimas décadas” e que podería acarrear elevados costes para as arcas municipais.
A edil popular, Isabel Devesa, censurou que 48 horas antes da reunión non conste “no expedente ningún documento xurídico nin técnico que valore as propostas que fai tres semanas propuxo o grupo da oposición, para solucionar este problema”.
A concelleira afirmou que “parece que a alcaldesa prefire priorizar os intereses do promotor e non traballar para eliminar as torres das costas do parque”.
Os populares lamentan que se intente “ningunear á oposición torpedeando” esta Comisión que foi proposta, aseguran, polo Partido Popular, para consensuar unha solución a esta obra que cualifican de “aberración urbanística”. Devesa aclara que lles gustaría que os socialistas reaccionasen e que o venres se poida, dende a Comisión, tomar algunha decisión política baseada en informes xurídicos e técnicos”. Isabel Devesa puntualizou que se trata dun tema de calado e que coas posibles repercusións para as arcas municipais non basta con compromisos verbais e conversacións informais con técnicos municipais.