Titulares:
-Os colectivos impulsores da ILP para dotar de servizos ao HULA reuniránse o próximo venres para determinar as accións que levarán a cabo, despois da decisión da Xunta de non implantar a Hemodinámica 24 horas na provincia lucense.
-Tráfico inicia hoxe unha campaña intensiva, de vixilancia e control de camións e furgonetas.
-O candidato do BNG á alcaldía de Lugo avoga por unha xestión más transparente das instalacións deportivas municipais.
-Aberta a solicitude do plan de axudas de 2,2 millóns de euros, en impulso do rural e do sector primario.
-Victoria do Club Deportivo Lugo e Ribeira Sacra Breogán, e empate do Prone ante o Navarra.