Cultura do País organiza para o vindeiro venres 5 de maio ás 20:30 no seu local a presentación do libro ‘História da Língua em Banda Desenhada. Unha obra colectiva do Grupo Reintegracionista Meendinho que foi publicada inicialmente en 1992 e reeditada neste ano 2017. Participarán no acto o debuxante Xico Paradelo, un dos autores da obra, e máis o xornalista Germám Ermida, que realizarán unha presentación dialogada da obra.
A História da Língua em Banda Desenhada foi, na altura de 1992, un exitoso proxecto do “Movimento Defesa da Língua” (MDL), ao que se engaden nesta nova edición textos de varios autores como o historiador Tiago Peres ou o xornalista Germám Ermida, que contextualizan a obra para que novos/as lectores/as comprendan o por que desa publicación.
Lugar: Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1-baixo 5)