Mari Teijeiro acusa ao goberno local de “cronificar” a inseguridade nos centros sociais

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, Mari Teijeiro acusa ao goberno local de “cronificar” a inseguridade nos centros sociais.

Nas palabras da edil popular, resulta “incomprensible e inxustificable” que practicamente un ano despois de iniciar o proceso de contratación “siga sen concluírse”. Nesa liña, Teijeiro lembra que a Xunta de Goberno aprobou os pregos de contratación na súa sesión do 8 de xuño de 2016, mentres que saíu a concurso público no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xuño de 2016 e a Mesa de Contratación para seleccionar a oferta máis vantaxosa celebrouse o 26 de xullo de 2016, dous meses antes de que a Mesa de Contratación escollera a mellor proposta con data 30 de setembro de 2016.

O que Teijeiro desprende da demora nestes prazos é “o desinterese e a despreocupación do goberno local por este servizo”. Así mesmo, a concelleira popular lamenta a “irresponsabilidade e a falta de sensibilidade” que está a amosar, na súa opinión, a alcaldesa ao “desentenderse” de evitar que se repitan incidentes como os intentos de agresión, roubos ou conflitos entre usuarios que xa se teñen producido nestas dependencias.

Neste senso, Teijeiro incide en que cando se debería estar a falar do segundo ano de vixencia do contrato, o goberno local bloquea este reforzo.

Por último, a edil popular anuncia que preguntará aos socialistas polos motivos polos que este contrato, cuxos pregos foran aprobados a principios de xuño de 2016, a día de hoxe continúa “cunha gran incertidume con respecto á data na que se adxudicará e se finalizará o proceso”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com