Concello e Lugo Xusta colaboran na Semana Internacional ao abeiro do Día do Comercio Xusto

A Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Inclusión, Ana González Abelleira, xunto coa edil de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo e Marta Pérez, en representación de Lugo Xusta presentaron esta mañá a Semana Intercultural que se celebra ao abeiro do ciclo Lugo, Cidade polo comercio xusto, co que colabora o Concello.

González Abelleira convidou á cidadanía a participar nestas xornadas que se alargarán durante un mes para dar visibilidade á interculturalidade e diversidade que hai na cidade e apoiando estas iniciativas, dixo, alcanzar o benestar no concello de Lugo.

Pola súa banda, Rosana Rielo dixo estar moi satisfeita de colaborar nunhas xornadas tan importantes como son as do Comercio Xusto. A concellería de Concello e Cidadanía colaborará con tres mesas  de encontro onde se falará sobre o Consumo Responsable. Rielo chamou á xente a participar nestas xornadas e na concienciación “de dar un pulo a este tipo de comercio”.

Rielo lembrou que o Concello traballa para conseguir o título de Cidade polo Comercio Xusto. As tres mesas terá lugar o encontro aberto Contribuíndo aos obxectivos de desenvolvemento sostible a través do consumo responsable e comerico xusto, o vindeiro mércores, 10 de maio, a partir das 16:30 horas no Edificio de Novas Tecnoloxías. Con ela, Concello e Lugo Xusta pretenden dar a coñecer experiencias que permitan desenvolver políticas comprometidas co desenvolvemento sostible local e mundial, co ánimo de favorecer actitudes solidarias entre a cidadanía,

 

Marta Pérez desglosou as actividades que se levarán a cabo durante a Semana Intercultural, que dará comezo o vindeiro luns día 8 as 18:00 horas cun contacontos infantil que se repetirá o martes e o mércores, ademáis doutras actividades como os obradoiros de Xénero e Dobraxe de Películas, e de Contrapublicidade, adicados principalmente a adolescentes e que se celebrará no Centro de novas Tecnoloxías o xoves.

O venres poderase desfrutar de dous obradoiros de música africana, principalmente de percusión e danza adicados o primeiro aos máis pequenos da casa e, despoisao público adulto, que rematará cun concerto desta música.

Asemade, o sábado celebrarase o Día Mundial do Comercio Xusto, no que haberá un mercado na praza maior e no que se presentarán iniciativas “que traballan por un consumo xusto e responsable”, ademáis de diferentes obradoiros e dous concertos de contido social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com