A Deputación colabora na promoción do libro As Covas do Rei Cíntolo, de Daniel Cortezón e Suso Peña

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este venres na Casa das Letras de Ribadeo a reedición da obra de Daniel Cortezón, As covas do Rei Cintolo, que foi publicada por primeira vez no ano 1956, pola Editorial Galaxia, e que conta cun prólogo de Ramón Piñeiro, e un vocabulario de Voces pouco usadas. Fíxoo xunto ao editor, Manuel López; o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa; e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña. O Goberno da Deputación colabora coa promoción e difusión deste libro pola provincia, coa adquisición de 200 libros. Esta nova edición, inclúe un cómic doutro autor ribadense, Suso Peña, que leva o mesmo título.

García Porto destacou “con esta publicación faise xustiza coa obra destes dous autores ribadenses. Xa que, por un lado recuperamos unha das primeiras novelas publicadas en galego, que xa tivo éxito alá polo anos 50, e ademais descubrimos o cómic de Suso Peña, o primeiro debuxante de cómic profesional de Galicia. Unha peza que debuxou para unha revista que se chamaba Comix, da editorial Toutain”.

A Deputada explicou ademais que a estes dous autores mariñáns uníaos unha fonda amizade, e lembrou que xa colaboraran xuntos en varias publicacións, por iso esta publicación cobra máis sentido. “A Deputación colabora con esta edición, unha das primeiras novelas publicadas en galego, porque é imprescindible recoñecer e valorar as obras dos nosos autores; sexan escritores, pintores, artesáns, todos merecen o noso recoñecemento”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com