Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP critica o “fracaso estrepitoso” do plan de emprego (Con)Trato feito

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, cualificou esta mañá de “fracaso” o plan de emprego municipal (Con)Trato feito logo de que nas últimas semanas se sumaran novas renuncias de empresas ás axudas que tiñan concedidas ao abeiro deste proxecto.

A este respecto, Antonio Ameijide explica que máis da metade das firmas privadas que obtiveran financiamento do Concello para a contratación de persoal desestimaron participar finalmente del, xa que renunciaron 38 das 75 que inicialmente foran adxudicatarias.

Esta proporción, afirma o voceiro popular, “é preocupante, e máis se se ten en conta que só 95 empresas presentaron a súa candidatura a estes fondos”. Para Ameijide, estas cifras poñen de manifesto “o desastre do plan de emprego, que, por unha banda, non suscitou interese entre os empresarios e emprendedores; e, pola outra, dous de cada tres interesados finalmente non accederon a eses fondos”.

 

O vicevoceiro popular apunta que “isto supón que na práctica o Concello de Lugo vai deixar sen investir case 450.000 euros despois do desestimento de 38 empresas e unha entidade social, e o peor é que o goberno local continúa a ser incapaz de concretar se se vai reinvestir ese remanente en outras medidas de estimulación do emprego”.

Deste xeito, Ameijide asegura que “a calquera goberno cunha mínima  preocupación e cun mínimo compromiso preocuparíalle moito a escalada continua de empresas que renuncian a fondos municipais”, mentres que no caso de Lugo, afirma, “vése un equipo de goberno que mira cara outro lado e que non asume responsabilidades”.

Finalmente, o vicevoceiro popular valora que “aínda que á vista deste fracaso é comprensible que o goberno local renuncie a implantar outro sucedáneo do (Con)Trato feito, non pode ser que cada proxecto de Lara Méndez acabe convertido en marketing”. Para Ameijide cómpren medidas reais e efectivas que contribúan á xeración de emprego e á consolidación dos postos de traballo que existen na actualidade.

 

Horario dos museos

Por outra banda a tamén popular, Encarna Amigo, reclamou esta mañá maior horario de apertura dos museos municipais de cara ao verán e anunciou que trasladará un rogo ao vindeiro pleno de cara a que se habiliten “fórmulas transitorias e provisionais” co obxectivo de que este reforzo se poida facer “a curto prazo” con independencia dos diferentes pasos que se sigan na tramitación do novo contrato, iniciada hai unhas semanas “despois de levar case tres anos sen ningunha vinculación legal”.

 

Por outra banda, en relación ao prego de condicións que se elaborou para a nova licitación da xestión dos museos, a edil popular considera un “despropósito” ao contemplar un horario especial de atención nas oficinas de información turística ata as 22.00 horas no Arde Lucus, en contraposición co San Froilán, no que pecharán dúas horas antes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com