Desde a asociación “Si, hai saída contra a violencia de xénero” queremos expresar a nosa mais absoluta condena e a repulsa mais rotunda ante o asasinato dun menor de tan só once anos en Oza-Cesuras no transcurso da visita de fin de semana concedida a o seu proxenitor , que se confesou autor do crime, por mor do réxime de visitas estipulado tras a separación deste da nai do neno, así como todo o noso apoio e agarimo a nai e a toda a familia do neno.
Do mesmo xeito, esiximos con total contundencia unha revisión inmediata e a modificación se compre, como por desgraza se está a demostrar con casos tan tráxicos coma este, dun sistema legal que, de xeito case incuestionable, outorga un dereito de visitas a proxenitores que claramente non deberían exercelo, nin están capacitados para facelo, pasando por alto circunstancias e agravantes que claramente evidencian un perigo certo ,poñendo, en demasiadas ocasións a vida dos menores en risco, un risco que pode chegar a desembocar, e de feito o fai, en traxedias coma esta.