Un operario resultou ferido esta tarde ao caerlle enriba un portalón da estación depuradora de augas residuais de Viveiro. As instalacións nas que se produciron os feitos sitúanse na Avenida Ramón Canosa, en Celeiro.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 15:00 horas desta tarde para dar conta do ocorrido.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias médicas, ao Grumir de Viveiro, á Policía Local e á Policía Nacional.