A Deputación colabora na promoción da literatura galega, co libro de Antonio Cortijo e Miguel Zugasti

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, ao Profesor da Universidade de Navarra e escritor, Miguel Zugasti; á Catedrática de Filoloxía da USC e académica da Real Academia Galega, Rosario Álvarez Blanc; e á Concelleira de Cultura de Monforte de Lemos, Marina María Doutón Rajo; presentaron este venres no Centro do viño do municipio monfortino, o libro Adiciones al corpus dramático español del s. XVI La comedia de la invención de la sortija, partes I y II dos escritores Antonio Cortijo e Miguel Zugasti. O Executivo Provincial e o Concello de Monforte de Lemos, colaboran na promoción e difusión desta obra por toda a provincia. 

 O libro, que nace da peza teatral, Comedia de la invención de una sortija, conta cun conxunto de 52 versos escritos en galego. O exemplar presentado este venres no municipio monfortino, foi publicado pola Universidade de Navarra en colaboración coa Deputación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com