O enxeñeiro agrónomo Luis Cabado Martínez, novo presidente da xestora de A pastoriza

O PP provincial nomeou ao enxeñeiro agrónomo, Luis Cabado Martínez, presidente da xestora de A Pastoriza. Foi no transcurso da xuntanza que a presidenta, Elena Candia, e o secretario xeral, Carlos Armesto, mantiveron este sábado cos compañeiros e afiliados da agrupación local. O novo responsable asume o cargo “con ilusión”, enfocando o seu obxectivo nas vindeiras eleccións municipais. Neste senso, como primeira medida, anunciou a creación dun grupo de traballo e un equipo para detectar as necesidades dos veciños e intentar chegar a compromisos que redunden no beneficio dos mesmos.

Cabado Martínez ten 37 anos. É enxeñeiro agrónomo e conta cunha gran vinculación co Partido e a política local, debido ao cargos que desempeña na actualidade. Ocupa, ademais, o cargo de presidente das Novas Xeracións deste concello; posto que compaxiña co de concelleiro e voceiro do grupo municipal. Con este currículo, a dirección provincial amósase profundamente convencida de que o novo presidente reúne o perfil necesario para “seguir medrando neste concello”; un municipio, sinala Elena Candia, “no que o PP estivo ás portas de gañar as pasadas eleccións, situándose como os dez da provincia cos mellores resultados”.

Na mesma liña, Carlos Armesto animou ao novo presidente, así como a todo o grupo municipal a “seguir traballando”. “Fostes capaces de manter os resultados en momentos de dificultade política. Tedes unha base de militancia importe; é dicir, tedes e temos todo de cara para volver a gobernar en A Pastoriza”, afirmou.

Cabado Martínez substitúe así a José Yáñez, que estivo á fronte do Partido “toda a vida, con plena dedicación e cun traballo que o avala”, segundo destacou a dirixente provincial. O presidente saínte, que deixa o posto por motivos persoais, que o obrigan a facelo, agradeceu aos asistentes o apoio recibido durante tantos anos, ao tempo que lle desexou “moitos éxitos” ao seu sucesor, poñéndose a disposición do mesmo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com