ACE-EU pedirá no Pleno que se comece a oficiar ‘bautizos’ civís en Lugo

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida eleverá unha proposición ao Pleno ordinario da semana que vén para que o Concello de Lugo comece a oficiar “bautizos” civís na casa consistorial e se elabore canto antes unha ordenanza ou regulamento municipal que lle dea carácter de oficialidade administrativa a este tipo de celebracións.

Nos últimos anos, medrou a demanda social dunha alternativa non confesional para celebrar o recibimento familiar e social dos nenos e nenas cuxas nais e pais non profesan ningunha relixión. Para dar resposta a esta solicitude cidadá, moitos municipios comezaron a oficiar cerimonias civís de imposición de nome e de acollemento na comunidade, de xeito similar á celebración do matrimonio civil, a pesares de non existir lexislación estatal que as regule.

O voceiro desta agrupación, Carlos Portomeñe, explicaba esta mañá que se ofrecería esta posibilidade baixo o nome de acollemento civil ou benvida cidadá, pois non se pretende sustituir nin suplantar ningún rito relixioso, só brindar unha nova posibilidade solicitada por unha parte da veciñanza que ademáis avanza na realización dos principios constitucionais de aconfesionalidade do Estado e de liberdade de conciencia.

Trataríase dun sinxelo acto civil, dirixido a nenas e nenos de 0 a 6 anos, no que alcaldesa ou concelleira/o escollida/o polas persoas solicitantes habitúa a ler a carta de dereitos da infancia que os proxenitores ou tutores legais e as testemuñas elixidas se comprometen a respetar e protexer activamente, tralo que se extende un certificado onde figura o nome da nena ou neno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com