Lugonovo dá conta das 1452 sancións que a Policía Local puxo durante o ‘Aparca con xeito’

1452 multas. Ese é o balance que arroxa o Aparca con Xeito ate o pasado 27 de abril. A cifra correspóndese co 15% das denuncias tramitadas pola Policía Local, no que vai de ano, que ascenden a un total de 9.276 sancións.

Os datos dábaos a coñecer esta mañá Lugonovo tras interesarse polo resultado da campaña municipal de control de estacionamentos, tanto no que ten que ver co número de infraccións como pola cantidade de recursos públicos que precisou.

O voceiro desta agrupación, Santiago Fernández Rocha explicou que lles preocupaba que o desenvolvemento da actividade conlevara un abuso de medios na súa execución, para garantir, nin máis nin menos, que se cumpra a lei xa que o obxectivo da iniciativa era vixiar, en cinco fases, que os automóbiles non aparcasen no carril bus, en zonas de carga e descarga, enriba das beirarrúas, en dobre fila ou en prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida.

As respostas facilitadas pola xefatura do corpo, neste senso, reflicten un cómputo total de 13 horas extraordinarias que se corresponden cun reforzo da quenda da mañá durante o pasado 17 de febreiro.

“Unha xornada de venres, na que xa de por sí se concentra a maior carga de traballo de toda a semana en canto a servizos e na que concretamente, ese día, se argumenta escaseza de persoal o que fixo necesario incremetar as dotacións con dous axentes”, segundo lle explicou o corpo da Policía a Lugonovo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com