Lugo celebra o Día das Letras Galegas

No día de onte, o  Vello  Cárcere sumouse á conmemoración do día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Carlos Casares. Fíxoo cunha conferencia a cargo de Armando Requeixo, que falou da vida e obra do homenaxeado.

Hoxe continúan as actividades organizadas polo Concello para celebrar este 17 de maio. Para elo ten programado un concerto da Banda Municipal de Lugo, ás 12:00 horas na Praza Maior, onde interpretarán Cantigas e Agarimos, Follas Novas, Rapsodia Galega nº 1, O Chopo, Churrusqueira, Muiñeria do Quintento e De Corredora. Unha hora máis tarde arrincará o Festival de Danza Tradicional das nenas e nenos dos colexios lugueses. Xa de tarde, a partir das 18:30 horas, nove corais e orfeóns lucenses ofrecerán un concerto na rúa Bispo Aguirre e Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe neses espazos. 

 As obras que interpretarán son as seguintes, Quen puidera namorala, de Álvaro Cunqueiro, Fontiña do Caravel, de Uxío Novoneyra, Os teus ollos, de Curros Enríquez, Unha noite na eira do trigo, de Otero Pedrayo, Flor Nova, de Eduardo Pondal, Negra Sombra, de Rosalía de Castro, Sobre o sol e a lúa, de Valle-Inclán, Lela, de Castelao, O Carro de Manuel María e Eu de Marín Ausenteime , de Luis Pimentel. Ao rematar terá lugar unha actuación final no Quiosco da Música da Praza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com