O Concello de Lugo insta á Xunta de Galicia a que colabore coa creación dun museo arqueolóxico nos espazos do cuartel de San Fernando. Así o manifestou o voceiro do goberno local, Miguel Fernández, esta mañá cando afirmou que o Concello conta con numerosas pezas arqueolóxicas de gran valor en caixas, e que se precisa da instalación de urxencia destas pezas no ex cuartel, debido á súa idoneidade segundo os estudos feitos ao respecto.
Miguel Fernández quixo responder tamén ao grupo Cidadáns que piden a creación dun colexio nesas instalacións e afirmou que debido a que o edificio é un Ben de Interese Cultural non se podería adecentar para instalar ahí un centro de estudos ademáis de que ten distintas limitacións de espazo e forma para poder chegar a ser unha escola.