Lugo xa ten representación para disputar os III Xogos Romanos en Astorga

Lugo xa está preparado para disputar os III Xogos Romanos das Cidades Augusteas da Gallaecia en Astorga. A fase luguesa disputouse hoxe, no MIHL, nunha cita na que participaron ao redor de 70 cativos e cativas de 9 colexios do municopio, ademais dunha representación de ASPNAIS. Esta actividade enmárcase na programación do Lvcvs Cvltvral, organizada polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica da cidade, co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs. Coas competicións celebradas ao longo desta mañá, Lugo xa ten representación para disputar en Astorga o encontro, que terá lugar o sábado, 3 de xuño.

 A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os concelleiros de Educación, Cultura e Benestar Social, Manuel Núñez, Carmen Basadre e Ana González, respectivamente, entregaron os premios aos gañadores e gañadoras da fase luguesa; Andrés Permuy (Rosalía de Castro), Antón Santiago (Paradai), Torahi Anllo (Paradai), Romi Amel (Paradai), Diego López (Rosalía de Castro), Akran Rhamoudi (Paradai), Alejandro Martín (A Milagrosa), Xoel Prado (Paradai) e Alejandro Manuel (Salesianos). Ademais todos os participantes recibiron un diploma.

 Os Xogos Romanos, dirixidos aos centros educativos, favorecen o razoamento lóxico matemático, o afianzamento da concepción espacial e a introdución de conceptos como a identidade histórica e o patrimonio cultural dos participantes. Engloban tres xogos de taboleiro: o Ludus Latrunculorum, o xogo do soldado; o Merellus, o xogo do muíño e o Seega.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com