Pedro Sánchez derrota á casta tamén en Lugo

O candidato a Secretario Xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez, gañou con contundencia as eleccións do Psoe, no estado, en Galicia e tamén en Lugo. Deste xeito o grupo que lideraba na provincia o exalcalde López Orozco, que apoiaba a Susana Díaz, queda absolutamente laminado e os sanchistas terán todo o poder en Lugo. Con este resultado o posicionamento político e ideolóxico dos socialistas, todo parece indicar, dará un xiro de cento oitenta graos.

Un dos puntos importantes que terá que encarar a nova dirección, será, sen dúbida, o modelo de estado. Con esta, posible revisión, podería, por primeira vez, albiscarse a posibilidade de encarar, dende o socialismo, un modelo federal. Non hai que esquecer que o propio PSOE ten no federalismo un dos seus alicerces, aínda que ata agora ningún equipo de dirección o reivindicara. Ademais, pesará de xeito singular, o importantísimo apoio que recibiu do PSC. Os cataláns son claramente favorables a que o Estado Español sexa un estado federal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com