As Nogais presenta na Delegación da Xunta a XII edición da Feira da Empanada

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XII edición da Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares que se celebrará esta fin de semana no concello das Nogais.

Na presentación participaron o alcalde do municipio, Jesús Manuel Núñez; o representante da Asociación de Empresarios da localidade, Gonzalo Trobo; o tenente alcalde, Fernando Rodríguez, e o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión.

 

O tenente alcalde do municipio explicou o programa previsto para esta fin de semana, que comezará o sábado ás 20.00 horas cun concurso de empanadas para adultos e outro infantil de repostería, no que o xulgado estará composto por un membro do Concello, dous membros da Asociación de Empresarios e tres membros elixidos ao azar de entre o público participante. Ao concurso seguiralle unha chourizada que será a antesala para a verbena a cargo da Orquesta Dilema.

O domingo abriranse os postos da feira ás 10.00 horas, nos que se ofertarán produtos da zona. Ás 13 horas lerá o pregón o deportista Diego Vallejo, bicampión de España de rallies de asfalto e campión de España de rallies todoterreo.

Asemade,  dende as 6 da tarde se poderá participar en diferentes actividades que van dende o sorteo de dous lotes de produtos da zona a unha mostra de música e baile tradicional a cargo das Asociacións Culturais Abrente, das Nogais e Xesta Verde, de Friol.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com