Lara Méndez condena a actitude do rapaz de 14 anos que agrediu á súa exmoza

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, condenou esta mañá as agresións sufridas por unha nena de 13 anos a mans do seu exmozo de 14 anos.

O xulgado de Menores de Lugo impuxo ao rapaz unha orde de alonxamento de dez metros e a restricción nas comunicacións por calquera medio da que era a súa moza.

Ambos eran amigos da escola e durante uns meses mantiveron unha relación ata que a rapaza quixo deixalo. Segundo se recolle no escrito de medidas cautelares do xulgado, nese intre a nena comezou a recibir mensaxes do seu exmozo con insultos e ameazas que o xulgado considerou de extrema gravidade.

O auto explica tamén que en diversas ocasións o rapaz petiscaba con violencia á moza ata chegar a facerlle moratóns e que nalgunhas ocasións dáballe cachetes nas nádegas por apostas cos amigos.

O xulgado advirte ao instituto do rapaz, situado na zona centro, así como aos pais que este non poderá comunicarse con ela nin achegarse a menos de 10 metros da cativa, excepto no interior do instituto no que deberá ser supervisado polos profesores que terán que velar porque o rapaz nin mire á nena para non amedrentala.

A rexedora lucense, Lara Méndez, condenou este ataque así como toda violencia que exista, facendo referencia ao atentado terrorista que tivo lugar en Manchester. A alcaldesa tamén resaltou o problema que temos como sociedade cando se ve “que hai un repunte na violencia e cada vez a máis tempranas idades, tanto que asustan”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com