A Asociación Cultural “Ateneo Galeguista de Lugo”, organiza este venres día 26 de Maio, ás 20:15 horas, na librería Balmes de Lugo, unha conferencia co título Carlos Casares: Un roteiro pola súa vida. Impartirá a conferencia, o catedrático de lingua e literatura galega en Ourense, Afonso Vázquez-Monxardín.
O escritor ourensán ten escrito diversas obras sobre historia e literatura galegas, é colaborador en prensa e impulsor do “Roteiro Carlos Casares” por Ourense. A charla xirará, precisamente, ao redor da vida e obra do autor ao que este ano se lle dedica o Día das letras Galegas. Nela fará un percorrido por lugares que aparecen na súa obra e que serven de desculpa para achegarse tanto á súa producción narrativa como ao seu percorrido biográfico, no que destacará a importancia das amizades e contactos lucenses como Ramón Piñeiro, Francisco fernádez de Riego, Anxel Fole, ou Álvaro Cunqueiro.