Elena Candia lamenta a tardanza na ordenanza de recadación na Deputación

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, lamenta que o Goberno da Deputación tardara dous anos en presentar unha ordenanza de recadación que xa propuxeron os populares en xullo do ano 2015. “Non tiveron nin a vontade de apoiala cando o presentou o PP e ademais tardaron dous anos en retomar a súa aprobación cando xa lles quedou o traballo feito” bloquearon este procedemento centrados solo nos seus intereses políticos e impediron que este servizo se prestará a custe cero para todos os municipios, precisa a popular.

A popular recorda que, nada máis entrar no Goberno como presidenta, o seu equipo presentou como unha das súas primeiras prioridades unha moción para adaptar a ordenanza de recadación á situación lexislativa e social vixente, unha proposta que o PSOE rexeitou.

O PP propuña solucións relacionadas coa vivenda, para o pagamento de débedas tributarias no caso de que afectara á vivenda habitual, de axustes para ter en conta as dificultades polas que pasaban moitas familias e moitas persoas na provincia. A proposta do PP incluía ampliar o límite para o cal están exentos de presentar garantías nos fraccionamentos e aprazamentos de pagamento os obrigados tributarios e tamén para deixar fóra do embargo a vivenda habitual no procedemento executivo.

“Naquel momento os socialistas non tiveron a vontade nin a sensibilidade suficiente, de maneira que bloquearon este procedemento centrados solo nos seus intereses políticos e impediron co seu voto en contra que a Deputación prestase este servizo a custe cero para todos os municipios”.

Condicións laborais axeitadas

En relación con este asunto, desde o PP recordan que existe un acordo plenario de marzo deste mesmo ano no que a petición do Grupo Popular os socialistas teñen que albergar o servizo de recadación “de xeito urxente e inmediato nunhas dependencias que reúnan as condicións laborais axeitadas”. “Hoxe, ademais de chegar tarde coa ordenanza, perderon unha boa oportunidade para dicir cal vai ser ese novo emprazamento polo que seguen esperando os traballadores e traballadoras do servizo”.

O persoal adscrito a este servizo da Deputación desenvolve as tarefas que lle son encomendadas ao seu posto nunhas dependencias alugadas na rúa Tui “que non reúnen os requisitos legais en materia de saúde e seguridade laboral. Un informe elaborado por Traballo e Seguridade Social advirte da existencia de deficiencias en aspectos tales como falta de mantemento da estancia, unha dimensión do local inadecuada, así como problemas nos sistemas eléctrico, térmico e de ventilación.

A voceira critica que o equipo de Goberno da Deputación siga sen contar cunha folla de ruta sobre o futuro destes traballadores, logo de que pasaran case dous meses e non aclararan cal vai ser a solución.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com