O DOG fai público o primeiro Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai público o primeiro Plan de xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, co que se pretende garantir o desenvolvemento económico sostible das comarcas integradas.

Este plan que foi aprobado durante a reunión anual da Comisión de coordinación institucional da Reserva celebrada en abril no concello lucense de Baleira e está baseado en 11 liñas estratéxicas de acción, coas que se pretende harmonizar a conservación co aproveitamento económico dos recursos naturais da zona.

Estas medidas poranse en marcha, en Galicia, en sete concellos da provincia de Lugo: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada; integrados todos nesta reserva interautonómica que abrangue unha superficie próxima ás 160.000 hectáreas entre Galicia e Asturias.

Este plan que contempla un total de 26 actuacións específicas para promover o desenvolvemento sostible das actividades agrogandeiras, forestais, piscícolas, marisqueiras e empresariais pretende fomentar o turismo de calidade e a artesanía local.

Deste xeito, facilítase o desenvolvemento rural e a mellora das condicións de vida das comunidades locais e potenciaranse as actividades manufactureiras e artesanais, como tamén a posta en valor de produtos de calidade e representativos da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com