Maiores de Burela descobren as Tics

Lara Méndez e Alfredo Llano mantiveron un encontro en Burela cos participantes en Engurras Tic, o programa que fomenta o envellecemento activo co uso das novas tecnoloxía A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, mantiveron este martes en Burela un encontro cos participantes en Engurras Tic.

Trátase dun dos programas gratuítos que a Deputación ofrece a maiores de 55 anos de toda a provincia co obxectivo de fomentar o envellecemento activo a través do emprego das novas tecnoloxías. Os interesados en participar poden inscribirse a través da páxina Os participantes en Engurras TIC en Burela fixeron fotografías e editáronas con dispositivos tecnolóxicos como smartphones, tablets e ordenadores portátiles. Ademais, compartíronas en redes sociais como Instagram. Agora, as imaxes exporanse no local onde se impartíu o obradoiro, concretamente, no Centro de Formación Ocupacional. As mellores fotos entrarán a formar parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro.

Engurras Tic e Memoria Dixital Tic-Tac enmárcanse na programación de actividades para maiores que impulsa a Deputación a través do Centro de Innovación Social Inlugo, financiada nun 80% pola Unión Europea, posto que se inclúe no programa tecnolóxico InnovaTE.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com