Suspendido o concerto de Vizcaíno por mor do temporal

O concerto do compositor galego Vicaíno que tiña lugar hoxe á tardiña na praza de Campo Castelo, quedará aplazado a causa das inclemencias meteorolóxicas.

A actuación do artista enmárcase dentro do Ciclo Lugo Ágora Son, unha nova aposta musical da Deputación de Lugo na que colabora co Grupo Ditramotor, e a través da que achegan á cidade catro concertos. O pasado día 19 de maio tivo lugar o do grupo lucense Carta de Ajuste, composto por David Taboada e Salfu Valdés e no que repasaron a música dos 80 e 90.

Para o mes de xuño quedan os concertos de Los Álcantara, o día 2 na praza da Soidade onde repasarán a historia da música española e o vindeiro día 9 de xuño, ás 22:30 horas, na Praza de San Marcos, para clausurar o Lugo Ágora Son, actuará a artista galega Mercedes Peón. Música autodidacta, compositora, vocalista e produtora da súa propia obra, ten editado catro discos de extenso recoñecemento internacional. É creadora de espazos sonoros para danza e documentais.

O músico do Incio, Vizcaíno, presentaba esta noite o seu novo disco ‘Diáspora’, un compendio de música Pop-Rock de autor, o concerto quedará relegado para unha nova data, aínda descoñecida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com