O voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon criticou “a inacción do goberno de Alfonso Villares, xa que acaba de celebrarse o pleno do mes de baleiro, xa que na Orde do Dia só constaba tramites regulamentarios e o apoio a Declaración de Sevilla, o compromiso das cidades pola economía circular.
Mon sinala que a falla de asuntos da sección resolutiva reflicten “un Concello paralizado e inactivo, e un Goberno baleiro de contido, sen ideas, sen iniciativas, sen proxectos, sen proxección de futuro, en definitiva un reflexo claro da pobre xestión que ven a realizar o partido PP do Goberno Municipal”.
Critica ademais que cando a oposición presenta incoativas positivas para a veciñanza nas sesións plenarias “o PP aplica o seu rolo de maioría absoluta, e paraliza todas as propostas dos demais grupos da oposición”.
Sobre a Declaración de Sevilla, Mon sinala que este documento da FEMP pon de manifesto a necesidade de priorizar a ecoeficiencia e os hábitos de produción e consumo máis respectuosos co medio ambiente. Neste punto demandoulle ao rexedor “aplicarse o conto”, xa que lembra que “si tanta sensibilidade e preocupación tiveran coa preservación do medioambiente non houberamos perdido as bandeiras azuis que tivemos, por culpa dos vertidos”.
E lembrou outros problemas como a vertedura incontrolada do emisario de Cubelas, polo que o Concello foi sancionado pola Consellería de Sanidade; a EDAR; o saneamento de Figueirido, que verte sen ningún tipo de depuración ao Río Xunco; chegando eses vertidos ata a praia de Rueta, un dos paraxes mais entrañables e bonitos do concello, facendo desta, a menos aconsellable para o baño.