O voceiro de ACE-EU no Concello de Lugo, Carlos Portomeñe, informou esta mañá de que o seu partido preguntará na vindeira Comisión de Educación sobre as instalacións do CEIP Anexa. No recinto do patio de recreo do centro escolar atópase a porta de acceso a instalacións da rede de distribución de enerxía eléctrica da zona, cunha sinal advertindo do perigo, e cuxa seguridade é motivo de preocupación no centro.
O edil de ACE-EU pretende informarse de qué administración ten a responsibilidade á hora de autorizar a ubicación da rede de distribución eléctrica, se conta con tódolos informes favorables e sobre todo se se plantexou algunha vez dende a administración municipal a posibilidade de cambiar estas instalacións de lugar para que non se atopen dentro dun recinto escolar.
A comunidade escolar do centro público Anexa reclama tamén que o seu patio de educación infantil ten un espazo moi reducido para o actual número de usuarios, aproximadamente 150 nenas e nenos, e contempla a posibilidade de amplialo pola zona lindante coa rúa Pintor Corredoira.
ACE-EU quere saber tamén se o goberno local ten coñecemento dun requerimento que a comunidade escolar do centro lles enviou por escrito para a ampliación do patio e qué resposta se lles remitiu, así como coñecer as actuacións previstas con respecto a esta demanda.