O Goberno Provincial publicou este luns outros 20 novos perfís do Ben Empregado 3! Máis social na bolsa de emprego da Deputación que se atopa na web do organismo provincial: www.deputacionlugo.gal.
Son novos postos de traballo aos que poden concorrer todos os lucenses en paro que o desexen e que se complementan aos 161 que comezan a traballar esta mesma semana. O prazo para concorrer a estes postos remata o vindeiro luns, 5 de maio.
Os 20 perfís que o Goberno da Deputación ofrece son:
– Camareiro para Ribeira de Piquín, Paradela, Navia de Suarna, Cospeito e A Fonsagrada (2)
– Axudante de camareiro para A Fonsagrada
– Oficial de perruquería para A Pontenova
– Albanel para Barreiros
– Camareiro de Sala para O Corgo
– Cociñeiro para Meira
– Axudante de cociña para A Fonsagrada
– Axudante de cociña para Muras
– Community Manager para Vilalba
– 2 Auxiliar de produción de viveiros para Abadín
– Técnico en publicidade para Lugo
– Recepcionista para Becerreá
– Oficial de segunda para A Pontenova
– Enxeñeiro de camiños para Xove.
Os interesados en concorrer aos postos ofertados polo Executivo Provincial deberán formalizar a súa petición a través da Bolsa de Emprego da Deputación. Para elo, é preciso cubrir o formulario que se atopa na web www.deputacionlugo.gal, onde deberán especificar o código do posto de traballo desexado. De seguido, os técnicos provinciais valorarán a adecuación de cada desempregado ao posto de traballo solicitado, para comezar na vindeira semana coas probas de selección destes novos empregos.