A Xunta acolle a presentación das Feiras e festas da primavera do Páramo

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das Feiras e festas da primavera do Páramo, que cumpren a edición número 41 e se celebrarán entre os días 9 e 11 de xuño. José Manuel Balseiro deu unha pequena presentación ás festas que teñen como principal atractivo a presenza de máis de mil cabezas de gando cabalar e vacún.

Na programación destaca o desfile de gando e un espectáculo de mostra de doma. Tamén haberá exhibicións de cetrería ou un concurso canino, entre outros atractivos.

Na presentación participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou de anfitrión; o alcalde do municipio, Gumersindo Rodríguez;  as concelleiras Verónica Arias e Begoña González; e por parte da Asociación de Amigos do Campo da Feira, Jesús Méndez, o seu fundador, e Manuel López, o presidente actual.

Gumersindo Rodríguez asegurou que esta festa, que presentou esta mañá a súa 41 edición, foi para o Páramo unha “ventá pola que se deu a coñecer o municipio ante o resto da provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com