Vilalba Aberta pon en marcha un ciclo de conversas coa veciñanza

Baixo título de Palestras Abertas, nacen estas xornadas que teñen como obxectivo primordial o de ofertar aos vilalbeses/as os mellores contidos sobre dos que discutir, debater e decidir en común. Para comezar estas conversas estarán este mércores en Vilalba, tres deputados de En Marea, co fin de reflexionar e afondar na situación do  sector primario e sobre das posibilidades na articulación de proxectos de vida dende o rural. Pretenden, así, “responder ás inquedanzas dos veciños e facer pedagoxía, dende a corresponsabilidade e a través da concepción bidirecional, dunha nova forma de entender a acción política e municipal, máis transparente, aberta, democrática e eficaz”.

Neste senso fan un chamamento á participación na que será esta palestra inaugural á que asistirán o  Coordinador Nacional de ANOVA, Antón Sánchez; a Deputada de En Marea responsable de Medio Rural no Parlamento e militante de Podemos, Paula Quinteiro; e Davide Rodríguez, bombeiro forestal e cooperativista, ademais de Deputado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com