O concello responde ás queixas da oposición sobre os anegamentos destes días

O concello de Lugo responde á oposición sobre qué está a facer o goberno tralas inundacións destes últimos días. O Vicevoceiro municipal, Miguel Fernánez, asegurou esta mañá que, durante os anegamentos,  os corpos de seguridade acudiron a todas as chamadas da veciñanza con respecto aos anegamentos e afirmou que a rede de saneamento está correctamente dimensionada para as choivas habituais e incluso algunha excepcional, pero manifestou que a cantidade de auga caída estes días foi de máis de 14 litros por metro cadrado en menos dunha hora, o que supón unha situación imprevisible.

 

O Concelleiro asegurou que o goberno local fará as revisións pertinentes da rede de saneamento, pero afirmou que o concello está a facer limpeza e mantemento continuo dos sumidouros e canais.

Asemade, Miguel Fernández, adiantou que nos novos pregos de condicións da Estación Depuradora, levarán incorporados a visualización das tuberías de toda a instalación a través de cámaras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com