Galicia Fest é un proxecto que busca reunir toda a información dos festivais de música de Galicia nunha única plataforma, ademais de realizar un documental sobre os mesmos. O produto principal do traballo é un documental sobre a historia destes, dende os seus comezos ata a actualidade. para a realización do proxecto realizaranse entrevistas aos responsables de ca da festival, asemade incluiranse imaxes de arquivo, así como imaxes propias dos diferentes eventos.
Un dos obxectivos do proxecto é ter unha grande presencia nas redes sociais, xa que estas son empregadas por un público cun rango de idade ao que busca dirixirse; empregaranse para informar e promocionar os distintos festivais. Tamén hai que destacar que o traballo conta cunha canle de Youtube onde se irá subindo contido propio sempre cun tema central: a música e os festivais.
Equipo
O equipo encargado de desenvolver este proxecto está formado por : Nerea Fernández (Lugo), Berta Pan Cambón (Arteixo, A Coruña), Julia Saavedra Gayoso (Guitiriz, Lugo) e Cristina Pérez Lado (Vimianzo, A Coruña catro alumnas da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, concibido como Traballo Fin de Grao.
Na actualidade, o equipo de Galicia Fest xa pasou pola súa etapa de documentación e están a realizar as primeiras entrevistas que formarán parte tanto da web como do documental.
Galicia fest dispón xa dunha páxina web onde se irá engadindo atoda a información actualizada de todos os festivais galegos, vídeos de entrevistas e imaxes realizadas nos propios festivais.
O equipo fará a súa primeira parada no OurenRock, festival celebrado esta fin de semana (02/03 de Xuño).