Xunta e Deputación impulsan, xunto aos concellos da provincia, os xeodestinos turísticos pendentes

Unha comisión de seguimento composta por representantes da Xunta de Galicia, dos concellos interesados e da Deputación de Lugo será a encargada de impulsar os últimos trámites pendentes para que cada pleno municipal poida aprobar a constitución dos xeodestinos turísticos que aínda restan por constituír na provincia de Lugo, isto é, o da Montaña lucense (Ancares e O Courel) e o de Lugo-Terra Chá-A Ulloa-Sarria.

Este foi o principal acordo acadado na xuntanza que, impulsada desde a Delegación territorial da Xunta en Lugo e Turismo de Galicia, desenvolveuse onte a tarde con presenza dos concellos lucenses.

 

Na reunión tamén perfilaron un borrador moi avanzado do que serán os futuros estatutos que regulan o Consorcio que dirixirá cada un dos xeodestinos e que despois será apoiado economicamente pola Xunta de Galicia, a través das axudas de Turismo de Galicia e pola Deputación de Lugo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, felicitouse polo avance dos trámites que permitirán que a provincia siga avanzando como escaparate turístico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com