Lugonovo cre que o grave déficit da inspección tributaria local converte á cidade no “paraíso fiscal das grandes empresas”. “Un máximo de oito actas na última década, antes… NADA”. Esa foi, en palabras de Lugonovo, a labor de control sobre o ICIO desenvolvida polo departamento municipal de Inspección. E a última desas investigacións data de 2013, así o expresa a agrupación municipal Lugonovo que asegura que, en materia de fraude, “Lugo arrastra anos de baleiro”.
O voceiro da agrupación, Santiago Fernández Rocha, explicaba esta mañá que con anterioridade ao 2008 o Concello concedía unha media anual superior ás 500 lincezas de obra maior mentras que agora rondan as 350. Sumando as autorizacións outorgadas nos últimos 4 exercicios, ningún deses inmobles, máis de 1500, foi inspeccionado tributariamente.
Para o portavoz de Lugonovo esta é a mostra clara de que a cidade leva máis dun lustro sendo un paraíso fiscal para os construtores, a evidencia de que o goberno local non quere facer as cousas ben. A agrupación considera que esta escasa actividade do servizo, vén dada, en parte, pola escaseza de recursos que sofre, tanto a nivel persoal como material.