O Goberno da Deputación promociona a provincia de Lugo en Portugal no Expocidades 2017

O Goberno da Deputación promociona a provincia de Lugo en Portugal no Expocidades 2017, a feira turística do Eixo Atlántico que, nesta ocasión, se celebra na localidade lusa de Vila Real os días 15, 16 e 17 de xuño. O Executivo Provincial puxo á disposición de todos os Concellos da provincia o seu stand para dar a coñecer e promocionar as potencialidades turísticas da provincia, tanto no seu conxunto, como a nivel individual.

Expocidades é un escaparate único para dar a coñecer a diversidade turística lucense non só no país veciño, senón tamén de fóra pois. De media, esta feira de turismo conta cuns 6.000 visitantes chegados de diferentes países de Europa.

Con esta iniciativa, o Executivo Provincial ofrecerá información sobre destinos clave na provincia como son os Camiños de Santiago; as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, a Ribeira Sacra, A Mariña e a Terra Chá.

Tamén se dará promoción aos Concellos que finalmente decidiron sumarase á proposta do Goberno da Deputación. Estes son: Vilalba, Cervo, Viveiro, Mondoñedo, Baleira, Meira, Burela. Ademais do espazo da Deputación de Lugo, integrante do Eixo Atlántico, a provincia estará tamén representada polos Concellos de Monforte de Lemos; Lugo e Sarria, que terán stands propios por seren municipios que integran esta entidade de colaboración transfronteiriza.

Durante a fin de semana, realizaranse tamén de xeito paralelo outras actividades como degustación de produtos típicos de cada municipio, actuacións musicais e de teatro, proxección de documentais ou encontros turísticos para profesionais do sector.

 XII Xogos do Eixo Atlántico

O Goberno da Deputación, ademais, decidiu achegar 100.000 euros para que Lugo acolla por 1ª vez os Xogos do Eixo Atlántico. Esta proba deportiva, organizada conxuntamente polos Concellos de Lugo, Monforte, Sarria e a Deputación de Lugo, dará comezo o día 4 de xullo e rematará o día 9. Participarán ao redor de 2.000 atletas, dos que 1.500 chegarán de fóra da provincia.

Nesta edición dos xogos haberá tres sedes, dependendo das modalidades deportivas. Así, nas instalacións da cidade de Lugo disputaranse as competicións de fútbol 7 masculino, natación e natación adaptada, atletismo e adaptado (tanto en pista como en cross) e baloncesto masculino e feminino; en Monforte celebrarase a disciplina de voleibol feminino, mentres que en Sarria terán lugar as modalidades de balonmán masculino e ximnasia rítmica, sendo esta a novidade desta edición.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com