A Deputación patrocina unha nova edición da popular Subida á Pontenova

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente da Escudaría A Pontenova, Manuel Díaz, presentou a sexta edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 3 e 4 de xuño. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa se ten convertido nunha das competicións máis espectaculares do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.

O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para “promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León”, entre os que se atopan grandes nomes como o campión galego, Luis Vilariño, que tamén participou no acto de hoxe.

Campos Conde subliñou que “este ano decidimos incrementar á axuda para a organización da Subida pontenovesa, posto que consideramos que se trata dun evento de gran relevancia tanto para o Concello como para o conxunto da Mariña Lucense, pois miles de afeccionados se achegarán durante a fin de semana a vivir a emoción deste evento automobilístico, o que suporá un importante retorno económico”.

O Presidente do Executivo Provincial e Alcalde da Pontenova lembrou que “dende o Goberno da Deputación mantemos un firme compromiso co automobilismo e, proba disto, é o noso apoio incondicional ás catro probas que se organizan por excelencia na provincia, como son o Rali San Froilán, o Rali Comarca da Ulloa, a Subida a Chantada e a Subida á Pontenova”.

Programa

 Sábado 3 Xuño

09:30 horas. Apertura Parque Pechado. Praza dos Fornos.

09:00 a 12:00 horas. Verificacións Administrativas. Casa da Cultura.

09:30 a 12:30 horas. Verificacións Técnicas. Praza dos Fornos.

14:00 horas. Publicación Lista Autorizados a tomala saída. Taboleiro Oficial de Avisos (Casa da Cultura)

15:30 horas. Presentación Pilotos Parque Pechado. Praza dos Fornos

16:00 horas. Presentación Pilotos en Parque Pre-saída. Saída Treito. Estrada LU-4803

16:30 horas. Saída 1ª manga de Adestramentos

Seguido. 1ª Manga Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803

Seguido. 2ª Manga Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803

Domingo 4 Xuño

08:30 horas. Presentación Pilotos Parque Pechado. Praza dos Fornos.

09:00 horas. Presentación Pilotos en Parque Pre-saída. Saída Treito. Estrada LU-4803

10:00 horas. Saída 2ª manga de Adestramentos. Saída Treito. Estrada LU-4803

Seguido Saída 3ª Subida Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803

Seguido Saída 4ª Subida Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803

15:00 horas. Entrada parque pechado. Praza dos Fornos.

15:15 horas. Verificacións de Oficio. Talleres Santa Apolonia, 75

15:30 horas. Publicación de resultados. Taboleiro Oficial de Avisos (Casa da Cultura)

15:45 horas. Rolda de prensa dos tres primeiros clasificados, carrozados e non carrozados. Casa da Cultura.

16:15 horas. Entrega de Premios e Trofeos. Casa da Cultura.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com