Homenaxe aos condenados a morte polo franquismo

Daniel Álvarez Carnero, Perfecto Abelairas Castro, José Ramos López, Gregorio Sanz García, Marcelino Fernández Prada, Ramón García Núñez e Eusebio Cuesta. As súas vidas foron apagadas na represión política franquista coa prisión e a pena de morte.

Hoxe, no Vello Cárcere, alí onde foron presos e condenados, volveron a cobrar voz da man dos seus familiares, actores e profesionais de distintos campos coa lectura pública das cartas de despedida que escribiron antes de morrer aos seus seres queridos. Un cento de persoas acudiron ao acto ao que tamén asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Deputada provincial de Cultura, Pilar García Porto. O acto foi organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, e a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo. O mesmo comezou cunha conferencia do escritor Xesús Alonso Montero, no que tamén interviu Lara Méndez, para a continuación proceder á lectura de cartas de represaliados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com