Música tradicional, gastronomía e artesanía danse cita na 7ª Foliada de Orbazai

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polos Concelleiros de Medio Rural e Benestar Social, Miguel Fernández e Ana González Abelleira, respectivamente, asistiron este sábado á 7ª Foliada de Orbazai, que tivo lugar no campo da festa desta parroquia lucense. O Concello e a Deputación colaboran con esta iniciativa, posto que se enmarca dentro do seu compromiso polo impulso do rural e das tradicións culturais.

Na 7ª Foliada de Orbazai estiveron presentes dez postos de artesanía, entre os que se atopaban gaita, traxe tradicional, xoguetes, madeira e coiro, bordados, cantería, ferrería, coitelos e pan. Tamén se celebrou un xantar popular de polbo, churrasco, xamón cocido, empanadas e pan de Ousá.

Este evento tamén contou coas actuacións musicais de Airiños de Orbazai, Banda de Gaitas de Arume de malvas, Os da Fonte do Frade e Asociación Cultural Río Miño. Para rematar a xornada, a organización preparou unha degustación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com