A asociación veciñal Porta de Lugo denuncia un corte de tráfico sen aviso

A Asociación de veciños Porta de Lugo denunciou hoxe o corte do tráfico sen previo aviso da rúa Camiño de Friás dende a Avenida Adolfo Suarez.

O presidente da asociación veciñal, José Manuel Carballo, explicou que o Concello fixo este corte de vía “sen aviso previo, sen señalizacións en ambos sentidos da Avda. Adolfo Suarez, sen señalización na rotonda distribuidora situada a 15 metros”.

A asociación buscou explicacións no Concello para a ocupación dunha das bandas de acceso á rotonda en sentido contrario cuns bolardos, para reparar un rexistro que “como máximo debería de ocupar 2,5 metros de diámetro”. Desde o Concello, ninguén lle respondeu aos veciños desta rúa que non puideron acceder aos seus aparcamentos.

Tampouco no Gabinete de Tráfico lles deron explicacións deste corte.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com