O Consello Escolar Municipal solicítalle á Xunta que avalíe as necesidades de crear un colexio na zona centro da cidade

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, remitiu dous escritos á Xunta en cumprimento dos acordos adoptados polo Consello Escolar Municipal do Concello de Lugo. Nun deles solicítaselle á administración autonómica que avalíe as necesidades de creación dun centro escolar público no termo municipal lucense situado na zona entre murallas ou colindantes.

Neste documento, tamén se pide a súa inclusión na programación de construcións escolares da Xunta. Esta petición é en base á presión de matrícula que nos últimos anos vén soportando o Colexio Quiroga Ballesteros e á inexistencia doutro centro docente de titularidade pública nesta zona da cidade.

No outro escrito solicítaselle á Xunta que avalíe os requisitos legais establecido, dentro da normativa referente ás instalacións e seguridade que afecta aos centros concertados na comunidade autónoma galega, para o CPR Plurilingüe La Milagrosa. Tamén se insta á emisión dun informe ao Consello relativo ao cumprimento de tales requisitos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com