O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe á Mesa de Ordenanzas unha serie de puntualizacións para mellorar as ordenanzas de aproveitamentos da vía pública e á prestación do servizo municipal de comedor escolar.
A edil popular Isabel Devesa lembrou que o seu grupo permitiu, no pleno de maio, coa súa abstención a aprobación inicial de ambas ordenanzas pero manifestou que son susceptibles de mellora e que, con ánimo, a que non se retrase máis a súa aplicación urxe consensuar unha serie de cambios que favorecerán a rehabilitación e que garantizarán o acceso xusto de todas as familias que o necesiten ao servizo do comedor municipal.
A edil propón unha bonificación para a ocupación da vía pública con medios auxiliares para as intervencións que fomenten a recuperación do patrimonio no recinto histórico así como extenderla a futuros ámbitos declarados Áreas de Rexeneración Urbana como a Milagrosa; e matiza que, ao igual que se fai co ICIO, estas bonificacións, poderíanse extender a outros ámbitos como núcleos rurais tradicionais polos que descorre o camiño de Santiago.
A concelleira popular Isabel Devesa lamentou que o goberno local siga sen favorecer a recuperación do patrimono con políticas que pulen a rehabilitación e a conservación do patrimonio, pois considera que sería “beneficioso para o interés xeral do Municipio establecer unha bonificación coa mesma contía que contempla o ICIO, tamén para intervencións de recuperación do patrimonio que precises medios auxiliares.
O espírito desta iniciativa, destaca Devesa, sería fomentar intervencións que redunden na mellora do parque inmobiliario así como na calidade de vida dos lucenses. Con respecto á ordenanza fiscal que regula a prestación do servizo municipal de comedor escolar nos centros de Educación Infantil e Primaria, o PP solicita a progresividade dos prezos. Devesa afirma que sería positivo “e máis xusto adoptar un modelo similar ao da Xunta de Galicia no que pagan menos os que menos poden”.