O Instituto Galego da Vivenda e Solo entrega cinco vivendas de promoción pública

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, fixo hoxe entrega de cinco vivendas de promoción pública situadas en Viveiro, Muras e Vilalba.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu aos actos de entrega de chaves aos adxudicatarios e lembrou que están en tramitación novas adxudicacións.  Igualmente, o vindeiro xoves está previsto celebrar o sorteo para adxudicar catro vivendas en Monforte de Lemos e dúas en Sarria. Logo destes sorteos cada adxudicatario coñece a vivenda que lle corresponde e debe comunicar por escrito a súa conformidade.

As persoas interesadas en acceder a unha vivenda de promoción pública poden inscribirse en calquera momento no rexistro de demandantes de vivendas de Galicia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com