O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, informou este martes sobre as actuacións de mellora das prestacións públicas que o Goberno Provincial financiou con 700.000 euros do Orzamento de 2016 aos veciños deste municipio.
Campos Conde e López Yáñez mantiveron un encontro con persoal e usuarios da residencia pública sarriana onde o Executivo da Deputación investiu 120.000 euros.
Este orzamento permitiu garantir o funcionamento desta instalación, pois co mesmo pagáronse as nóminas dos preto de 50 profesionais que traballan nesta instalación. Tamén contribuíu á mellora do inmoble e dos propios servizos, posto que se rehabilitaron as salas de recepción e espera, ao tempo que se adquiriu material de lavandería, sábanas, toallas ou pixamas, entre outro.
O Presidente lembrou que a primeira petición que lle fixo á Alcaldesa foi, precisamente, colaboración para garantir e mellorar o funcionamento da residencia.