Lugonovo rexeita a exención do Ibi á Xunta e propón unha alternativa

Santiago Fernández Rocha, portavoz de Lugonovomotiva a proposición que Lugonovo levará ao vindeiro Pleno para rexeitar o intento do executivo de que sexa a cidadanía a que financie o remate do novo Auditorio. A alternativa pasa por elaborar un acordo a tres bandas.

O voceiro explica que “o que nós propoñemos é que a Xunta aporte os mínimos aos que xa se comprometera sen que o Concello lle perdoe nada a cambio. O goberno, pola súa banda, pode empregar os remanentes de tesourería que son de libre disposición así como conveniar coa Deputación o importe que resta polo uso futuro das instalacións”. Resaltando que  “o que está claro é que do peto dos lucenses non pode saír nin un euro máis porque a alcaldesa non saiba negociar, nin queira xestionar”.

Santiago explica que neste intre os remanentes de tesourería para gastos xerais son 20.032.173’64 euros, o que supón un indicador claro da liquidez da institución. Engade tamén, que “ese é o primeiro condicionante co que Lugo cumpre sobradamente. Despois de respectar os imperativos para amortizar débeda e de garantir a promoción da economía sostible quedaría aínda unha partida moi destacada para libre disposición á que se podería recorrer para o devandito fin, coa debida prudencia de ter en conta outras obrigas legais que poidan mermar esta cantidade”. O problema é que para botar man deses cartos hai que reducir o período medio de pago aos proveedores para que se axuste ao que contempla a normativa sobre morosidade.

Por último, Fernandez Rocha lembra que, dende o primeiro momento, Lugonovo se amosu moi crítico coa determinación de intercambiar coa Xunta de Galicia o equipamento do edificio polo Ibi de varios centros sanitarios, “coma se fosen cromos”. E insiste: “o goberno tiña que defender o que nos corresponde e vixiar que se cumpriran os compromisos co municipio. Tocáballe liderar o proceso de negociación e sabía que o resto de organizacións o respaldariamos nese cometido, pero preferiu instalarse na comodidade. Unha actitude, xa o advertimos, coa que non concordados e que tampouco avalaremos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com